Centro Galego de Zug "A Nosa Terra"

ESTATUTOS DO CENTRO GALEGO DE ZUG   “A NOSA TERRA”

 

CAPITULO I

Artigo 1

O Centro Galego de Zug “A NOSA TERRA” é un Centro privado con personalidade xurídica e capacidade de obrar que ten por obxecto principal o mantemento de lazos culturais e sociais con Galicia as súas xentes, a súa historia, a súa lingua, sen animo de lucro.

Artigo 2

O Centro Galego “A NOSA TERRA” constituíuse o amparo da Lei de Galeguidade, e do Artigo 7 do Estatuto de Autonomía de Galicia, respectando o Artigo 60 e seguintes do Código Civil Suízo.

 

Artigo 3

SON FINS DO CENTRO;

Desenrolo de tódolos medios posibles, no senso da afirmación da lingua, da arte e da cultura do pobo galego, así como dos seus valores nacionais.

Axuda e apoio moral e social a os galegos/as da zona de Zug, na resolución dos problemas que estes atopen aquí pola súa condición de emigrantes, (coa axuda da Xunta Galicia).

Fomentar, promover e divulgar a idea do exercicio físico e do deporte xeral, pois se recoñece que son un medio o servizo do pleno desenvolvemento da persoa, e do folgueo. Para obter as devanditas finalidades, o Centro “A NOSA TERRA”, traballará con tódolos medios o seu alcance.

Preservar o propio Patrimonio e colaborar co Goberno Galego na súa catalogación e inventario, así como na posta en valor do patrimonio de Galicia no exterior.

0 Centro Galego de Zug, “A NOSA TERRA” entrará na Federación de centros e entidades galegas na Suíza, e procurara as relacións e  colaborará con calquera  entidade de obxetivos semellantes.

CAPITULO II

Artigo 4

Poden ser socios/as da Centro Galego “A NOSA TERRA” as unidades familiares, nas que o cabeza de familia sexa galego.

Tamén poderán formar parte do C.G.Z  calquera outra familia de outra rexión ou nacionalidade, sempre e cando acaten estes Estatutos.

 

Artigo 5

O Centro Galego “A NOSA TERRA” comporase das seguintes clases de socios/as: Socios de Honra, Socios de Número e Socios Eventuais ou simpatizantes.

Han ser socios/as de Honra, aquelas persoas a quen a Xunta Directiva confira polos seus relevantes méritos esta distinción. Terán un posto de preferencia nos actos oficiais do Centro.

Han ser socios/as de Número, todos aqueles galegos/as que admita a Xunta Directiva previa solicitude e satisfagan a taxa.

Han ser socios/as Eventuais e Simpatizantes, aqueles non galegos que admita a Xunta Directiva e que participen nas actividades do Centro Galego”A NOSA TERRA” e satisfagan as taxas de inscrición que se establezan.

Os socio/as de Número gozarán de dereitos que confiren os presentes Estatutos, sendo todos eles membros/as da Asemblea Xeral na que so poderán exercer o dereito de voto os maiores de idade e os representantes legais dos menores de idade.

Artigo 6

Os socios/as de número terán os seguintes dereitos:

Participar na cumprimento dos fins do Centro Galego “A NOSA TERRA”

Esixir que a actuación do Centro se axuste o disposto na lei de Recoñecemento da Galeguidade, as normas de desenvolvemento e as disposicións estatuarias especificas.

Afastarse libremente do centro sen compromiso algún.

Coñece-las súas actividades e examina-la súa documentación.

Ser elector/a e ser elixible para os órganos representativos e de goberno, sempre que teña cumprida a idade de dezaoito anos con capacidade de obrar.

Artigo 7

Para a participación nas actividades do Centro, establecese o principio de igualdade de tódolos asociados/as sen discriminación por raza, sexo, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Artigo 8

Son obrigas dos socios/as de Número, ademais das de carácter Xurídico, político e económico que se desprende dos presentes Estatutos e Regulamentos que se desenvolvan, o acatamento dos mesmos e os acordos que adopten os seus órganos de goberno, así como a difusión e práctica das actividades culturais, físicas e deportivas que constitúen o obxecto social, e abona-las taxas establecidas.

Artigo 9

A condición de socio/a perderase:

Por propia vontade

Por falta de pago das taxas sociais establecidas

Por acordo da Xunta Directiva, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que tera de se ratificar na primeira Asemblea Xeral que se celebre.

CAPITULO III

OS ORGAOS DE REPRESENTACION. GOBERNO E ADMINISTRACION

Artigo 10

O Centro Galego “A NOSA TERRA” ha estar rexida polos seguintes órganos de goberno:

a)           Asemblea Xeral.

b)            Xunta Directiva.

c)            A Presidencia.

A ASAMBLEA XERAL

Artigo 11

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno do Centro.  Ha estar integrada por tódolos socios/as de número, honra e simpatizantes, tamén poden ser socios/as da Centro “A NOSA TERRA” outras persoas de calquera rexión ou nacionalidade, sempre que acepten os Estatutos e se sometan os mesmo, tan so que non poderán facer parte da directiva. Poderán, en algún caso, incorporarse a grupos de traballo: Sociais, Culturais e Laborais dentro do seno da directiva con voz e voto.

Artigo 12

Corresponde a Asemblea xeral

Elixir Presidente/a e membros da Xunta Directiva, a través de sufraxio persoal, libre, directo e secreto de tódolos seus socios/as con dereito a voto

Discutir e aprobar, de proceder, a memoria, a liquidación do exercicio social, o balance e o rendemento de contas.

Aproba-lo presuposto de ingresos e gastos.

Coñecer, discutir e aprobar, no seu caso, as propostas da Xunta Directiva.

Estudar e resolve-las proposicións formuladas polos socios/as, (coa debida antelación), e que terán de ir asinadas como mínimo polo cinco por cento das mesmos

A lingua oficial e a Galego

Sinala-las condicións e xeitos de admisión de novos socios/as e acorda-lo valor da taxa que han satisface-los asociado/as.

Elabora-los Regulamentos de Réxime Interior do Centro así como propo-las modificacións das mesmos e dos presentes Estatutos,

Crear servizos en beneficio dos socios/as.

Coñecer e ratifica-las altas e baixas dos asociados.

 

Artigo 13

As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias quedaran validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran nela a maioría dos seus socios/as de número.  Se en segunda convocatoria non tiveran concorrido a cuarta parte dos membros da Asemblea, procederase a unha terceira e derradeira, tanto se o ordinaria como extraordinaria, calquera que sexa a número de membros presentes, entre as convocatorias mediara un tempo de media hora.

Artigo 14

A Asemblea Xeral terase de convocar, en sesión ordinaria, o menos unha vez o ano, e en sesión extraordinaria, cando así o considere a Xunta Directiva ou o soliciten, un mínimo da 10% das socios membros da mesma e sempre quince días hábiles antes da data de celebración.

A XUNTA DIIRECTIVA

Artigo 15

A Xunta Directiva como órgano de Goberno da Entidade, executará os acordos adoptados pola Asemblea Xeral e exercerá as funcións que este Estatuto lle confirme.  Estará formada por un número de membros non inferior a catro e non superior a doce, o fronte dos cales haberá un Presidente/a , tamén contará con un Vicepresidente/a, un Secretario/a e Tesoureiro/a  elixidos  todos eles en Asemblea Xeral.

Artigo 16

En especial correspóndelle a Xunta Directiva:

Dirixi-la xestión da Entidade velando polo cumprimento do seu obxectivo social.

Crea-las Comisións ou grupos de traballo que considere necesarias.

Nomea-las persoas que vaian dirixir as distintas comisións ou areas    de participación, así como organizar todas as actividades de lazos culturais ou socias con Galicia, as súas xentes, a súa historia, lingua e o deporte do Centro.

Formula-lo inventario, balance e memoria anuais que teñan de se someter a aprobación da Asemblea.

Redactar ou reforma-lo Regulamento de Réxime interior, fixando as normas de uso das instalacións e tarifas correspondentes.

 

Artigo 17

Tódolos cargos desta Xunta Directiva teranse de elixir pola Asemblea Xeral. 0 través de sufraxio libre e secreto, tendo unha duración de catro anos. renovándose por metade cada dous anos, de xeito que a primeira non inclúa a un Presidente, un Vicepresidente e un Tesoureiro.  Tódolos cargos directivos serán reelixibles.

Artigo 18

A Xunta Directiva quedará validamente constituída cando asistan a mesma, o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a e a metade dos restantes membros.

Artigo 19

A Xunta Directiva será convocará polo Presidente/a con dous días de antelación, como mínimo, a data de celebración.  Tamén se poderá convocar a petición de tres ou mais membros.

Artigo 20

A Xunta Directiva tamén quedará validamente constituída cando estean presentes tódolos nembros, inda que non houbera mediada convocatoria previa.

Artigo 21

O/A Secretario/a  coidara do arquivo e documentación, redactará cantos documentas afecten a marcha administrativa da Centro e levará o libro de Rexistro de Asociados e libro de Actas.

Artigo 22

O/a Tesoureiro/a será o depositario/a do Centro, asinará os recibos e co consentimento do/a Presidente/a autorizará os pagos e levará os libros de Contabilidade.  Antes da marcha dos temporeiros de cada ano formalizará un balance de situación e as contas de ingresos e gastos que se porán en coñecemento de tódolos/as asociados/as en Asemblea Xeral.

Artigo 23

O/a Vicepresidente/a fará tódalas funcións do/a Presidente/a no caso de ausencia ou enfermidade diste, e traballará conxuntamente nas vogalías que se funden.  Controlando o desenrolo das mesmas.

 

A PRESIDENCIA

Artigo 24

O/a Presidente/a é o representante legal do Centro e presidirá a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, decidindo co seu voto de calidade en casos de empate e exercerá as funcións especificas que o Regulamento e a Asemblea Xeral lle confiran, Representa-lo Centro nos actos oficiais, e representará o Centro tanto cas autoridades locais de Zug, Goberno Central e Goberno Galego (Xunta de Galicia), así como Firmar a correspondencia do Centro.

CAPITULO IV

O REXIME ECONÓNICO FINANCIERO

Artigo 25

No momento de creación desto Centro Galego “A NOSA TERRA” 0 patrimonio fundacional é de 500.-Frs. (Cincocentos Francos Suízos) e no futuro integrarase de:

As  apartacións económicas dos/as socios/as, quo aprobe a Asemblea Xaral de acordo coas normas establecidas na Regulamento interno.

As doazóns ou subvencións que reciba.

Os  resultados económicos que poidan producir os actos que organice a Entidade.

Artigo 26

Queda expresamente excluído como fin do Centro o animo de lucro e non poderá destina-los seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servizos, nin exercer actividades de igual carácter coa finalidade de repartir beneficios entre os seus socios/as.  A totalidade dos ingresos teranse que aplicar o cumprimento dos seus fins. Cando os ingresos procedan de subvencións recibidas con cargo os  presupostos da Dirección Xeral, o control das gastos imputables a eses fondos corresponde a aquel organismo, sen prexuízo das funcións que correspondan a intervención Xeral da Administración do Estatuto.

Artigo 27

Poderanse tomar cartos a prestados sempre que o autoricen, tales operacións por maioría en Asemblea Xeral Extraordinaria.

CAPITULO V

DO REXIME DOCUMENTAL DO CENTRO

Artigo 28.

Integrará o Réxime documental e contable da Centro:

O libro de Rexistro de Socios/as, na que deberán consta-los nomes e apelidos, o número de Documento Nacional de Identidade, profesión e, na seu caso, cargos de representación, goberno au administración que exerza no Centro. 0 libro de Rexistro de Socios tamén especificará as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese dos cargos aludidos.

Os libros de Actas consignarán as reunións que se celebren por parte da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados.  As actas hanse subscribir, pola totalidade dos presentes a reunión

Os libros de Contabilidade nos que figuren tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas, e ingresos e gastos do Centro, deberanse precisa-la procedencia daqueles e a Inversión ou destino deste.

O Balance da situación e as contas das seus ingresos e gastos que o Centro terá de formalizar durante a primeiro mes de cada ano e que paran en coñecemento de tódolos seus socios/as. Se fose necesario este balance daríase antes da partida dos temporeiros, na Asemblea Xeral.

Todas aqueles auxiliares que consideren oportunas para un mellor desenvolvemento dos seus fins.

 

CAPITULO VI

ESTATUTOS, REGULAMENTO E DISOLUCION DO CENTRO convocada a efecto, medíante acordo que se terá de adoptar en votación cualificada de dous terzos dos socios de número asistentes.  No caso de que a modificación ou reforma sexa a consecuencia das disposicións dos Órganos superiores da Secretaria Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, queda facultada a Xunta Directiva para ditar as normas provisionais de aplicación que refenderá a Asemblea na primeira reunión que celebre, adecuando en todo caso o Real Decreto que desenvolve a Lei da Galeguidade.

Artigo 29

Os presentes Estatutos e o Regulamentos so porán modificarse, reformarse ou ser revogadas, na Asemblea Xeral Extraordinaria

Artigo 30

O Centro “A NOSA TERRA” extinguirase au disolverase a proposta da Xunta Directiva por unanimidade de tódolos seus membros, mediante acordo adoptado en votación cualificada de dous terzos, pola Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará a tal fin.

Artigo 31

En caso de disolución, o seu patrimonio neto reverterá na colectividade, o resto do patrimonio existente será entregado a unha entidade galega que teña os mesmos fins nos seus Estatutos, e o mantemento de lazos Culturais ou Sociais con Galicia. Comunicarase tal disolución a Secretaria Xeral para as Relacións coas Comunidades Asentadas fora de Galicia para que determinen as disposicións legais aplicables.

OS PRESENTES ESTATUTOS FORON APROBADOS EN ZUG, 0 16 DE MARZO DE 1991 EN ASEMBLEA XERAL E RATIFICADOS O 20 DE NOVEMBRO DE 200O EN ASEMBLEA XERAL.