Zug

Cómpracenos darlle a benvida ao sitio web do Centro galego de Zug «A Nosa terra«. Dende o ano 1990 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, novas xeracións e público en xeral.

O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.
Neste espazo atoparás información sobre a nosa historia e as nosas actividades.

Gastronomía:

Nas nosas instalacións poderás degustar pratos típicos da nosa terra coma paella, churrasco, pulpo á feira, tortilla…

Faite Socio!

A tua aportación é importante para o correcto funcionamento do centro, e ademáis poderás disfrutar de xantares sociais, de diversas actividades e cursos que se organizan exclusivamente para socios, así coma do acceso á extensa biblioteca da que dispoñemos con centos de libros en galego e castelán.

Información de contacto do centro

Horario de apertura:

  • Venres: 18:00 – 24:00
  • Sábado: 11:00 – 24:00
  • Domingo: 10:00 – 22:00