Desde a súa chegada a Suiza, os galegos de Zug, ó igual que moitos outros, sintiron a necesidade de achegarse por calquera medio á súa terra, e así crea este centro, que ten como finalidades primordiais:
- Desenvolver todos os medios posibles, no sentido da afirmación da lingua, da arte e da cultura do pobo galego, así como dos seus valores nacionais.
- Fomentar, promocionar e divulgar as actividades culturais e deportivas entre os membros da entidade.
- Apoiar e prestar axuda, moral e social, ós galegos da zona de Zug, nos problemas con que se poidan atopar dada a súa condición de emigrantes, contando sempre coa axuda da Xunta de Galicia.
- Fomentar a práctica do deporte, como elemento integrador da xuventude.
- Ser un punto de encontro para os galegos falantes e demais linguas cooficiales españolas.